Xardín Botánico e Carballeira de Caldas de Reis

O Xardín Botánico e Carballeira de Caldas de Reis volven florecer

Planifica a túa visita

Museo aberto 24/7: un espazo vivo de memoria,
natureza e futuro

O Xardín de Galiza recupera o seu esplendor para que goces de día e de noite do corazón verde da vila termal, porque transfórmase nun museo vivo que une historia, memoria, paisaxe e novas formas de vivir o patrimonio.

Centro de Visitantes

A porta de entrada tecnolóxica ao Botánico de Caldas: un museo aberto as 24 horas do día con acceso automático que te traslada á esencia botánica e á memoria da vila termal, nunha experiencia inmersiva de vangarda.

Experiencia inmersiva nocturna

Percorrido nocturno para descubrir a riqueza do parque cunha nova iluminación ornamental e un videomapping ao aire libre, no que a luz, as copas das árbores e o chan crean unha atmosfera envolvente.

Visita dixitalizada

O Botánico de Caldas ao teu ritmo e en calquera momento. Escanea os códigos QR para coñecer os itinerarios e descubrir todos os segredos deste espazo natural protexido (BIC), completamente renovado.

Plano do Botánico de Caldas de Reis

Planifica a túa visita

Descarga o mapa

O corazón verde de Caldas

O Xardín botánico e a Carballeira, con máis de 3 hectáreas e arredor de 400 exemplares, é o espazo verde con máis encanto de Caldas de Reis, que visitan a diario a veciñanza, os turistas e os peregrinos. Declarado Ben de Interese Cultural (BIC), e bañado polas augas do Umia, conta con especies singulares, cunha colección de camelias única e cun rico patrimonio cultural.

Explora o Xardín e a Carballeira
O corazón verde de Caldas
Centro de Visitantes

Centro de visitantes

Descubre o novo Centro de Visitantes, un museo 24/7 de acceso automático, que cobra vida ao teu paso grazas ás novas tecnoloxías e a sistemas intelixentes.

Coñece o Centro de Visitantes

Non perdas nada!

@En_caldosme

Xardín Botánico de Caldas de Reis